Mércores, 5 de novembro de 2025 · Miércoles, 5 de noviembre de 2025 · Número 212
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000007181

Administración Local

Municipal

Oleiros

Área Económica

Aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Oleiros para o exercicio 2026

ANUNCIO

O pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2025, aprobou inicialmente o orzamento xeral do concello de Oleiros para o exercicio 2026, así como as bases de execución, o cadro de persoal e o resto dos documentos anexos.

En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na sede electrónica deste Concello (no apartado de Publicacións Oficiais\Taboleiro de Anuncios\Anuncios Municipais), a través da seguinte ligazón:

https://sede.oleiros.org/sta/docs/GetDocumentServlet?CUD=15705632647557600727&HASH_CUD=bd9eebe3c76609cb3eb59145c9134453782bcfd5&APP_CODE=STA

polo prazo de quince días hábiles, o cal comezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no boletín oficial da provincia, a fin de que durante o dito prazo se poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes, dirixidas estas ao alcalde desta corporación.

No caso de que transcorra o prazo citado sen que se presenten reclamacións, o orzamento quedará aprobado de xeito definitivo e se disporá a publicación do resumo por capítulos nos termos previstos polo artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, e se remitirá copia á Administración Xeral do Estado e á Xunta de Galicia.

 

En Oleiros, asinado dixitalmente o 31 de outubro de 2025, pola Primeira tenente de Alcalde delegada de Economía e Facenda, Mª José Varela Neira.

2025/7181

 

©2009 Deputación da Coruña