Administración Local
Municipal
Oleiros
Persoal
Aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo
ANUNCIO
Polo Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2025, aprobouse inicialmente a modificación da relación de postos de traballo do Concello de Oleiros.
En cumprimento do disposto na normativa vixente de aplicación, exponse ao público o expediente na área de Persoal e RRHH polo prazo de vinte días -o cal comezará a contar desde o seguinte ao da inserción deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia-.
No caso de que, rematado o prazo, non se presentara ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o texto ata entón provisional.
Oleiros, 3 de novembro de 2025
A segunda tenente de alcalde
delegada de Persoal
Margarita Figueroa Vázquez
2025/7229