Luns, 10 de novembro de 2025 · Lunes, 10 de noviembre de 2025 · Número 215
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000007261

Administración Local

Municipal

Oleiros

Urbanismo

Convocatoria para o pagamento do prezo xusto e ocupación na expropiación forzosa de terreos para a execución da obra de senda peonil e ciclista Naval-Canide (expediente 2024/PLANEAM/000003 - FG nº 729)

ANUNCIO

Convocatoria para o pagamento do prezo xusto e ocupación na EXPROPIACIÓN FORZOSA DE TERREOS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE SENDA PEONIL E CICLISTA NAVAL-CANIDE (Expediente 2024/PLANEAM/000003 - FG Nº 729)

Mediante decreto da Alcaldia núm. 2025005632 do 11 de outubro, acordouse:

- Fixar como data para o pagamento das indemnizacións o xoves, 11 de decembro de 2025, a partires das 10.00 horas, na sala de xuntas do Concello de Oleiros se se elixe o cheque bancario, e non sendo preciso acudir presencialmente ao acto de pagamento se a elección é a transferencia bancaria, nese caso a presentación do certificado de conta bancaria e o DNI ha de realizarse antes do domingo, 30 de novembro de 2025, de xeito presencial no rexistro do Concello de Oleiros (de luns a venres, de 8.30 a 14 horas), ou ben a través da sede electrónica do concello de Oleiros (https://sede.oleiros.org).

O Concello consignará ante a Caixa Xeral de Depósitos a cantidade á que ascenda o prezo xusto nos seguintes casos:

a) Cando non concorra ao acto do pagamento o propietario ou o titular interesado, por si ou por persoa que acredite fehacientemente a súa representación, ou cando rexeiten recibir o prezo.

b) Se fosen varios os interesados e non se puxesen de acordo sobre a cantidade que a cada un corresponde, ou existise calquera cuestión ou litixio entre eles, ou entre eles e a Administración.

c) Cando comparezan persoas que non poidan allear sen permiso ou resolución da autoridade xudicial, a que se refire o artigo sexto da Lei.

d) Cando, tratándose de bens inmobles, os titulares de cargas ou dereitos reais inscritos no Rexistro da Propiedade non comparezan ao acto do pagamento.

- Fixar como data para a ocupación das parcelas expropiadas o xoves, 15 de xaneiro de 2025, a partires das 10.30 horas, quedando convocados os afectados a tal efecto sobre o terreo afectado.

 

Oleiros, 4 de novembro de 2025

Ángel García Seoane

Alcalde-Presidente

2025/7261

 

©2009 Deputación da Coruña