Administración Local
Municipal
Oleiros
Urbanismo
Aprobación inicial do proxecto de urbanización do SUD-6 Alsina-Lamastelle (FG Nº 738)
ANUNCIO
Mediante resolución da Alcaldía número 2025005917 do 12 de novembro, acordouse aprobar inicialmente con condicións o proxecto de urbanización do Plan Parcial SUD-6 “Alsina-Lamastelle” (Documento NRE 2025016404, do 28 de xullo).
De conformidade co artigo 226.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
En Oleiros, 18 de novembro de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde - Presidente
2025/7701