Administración Local
Municipal
Oleiros
Persoal
Corrección das bases de selección para cubrir unha praza de arquitecto/a
Corrección das bases de selección para cubrir -por persoal funcionario de carreira e quenda libre- unha praza de arquitecto/a.
Por resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2025006377, do 1 de decembro, aprobouse a seguinte corrección das bases de selección para cubrir unha praza de arquitecto (escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, subgrupo A1) publicadas no BOP da Coruña nº 228, do 27 de novembro de 2025:
Punto número 1
Onde pon: “Oferta de Emprego Público: Ano 2023”, debe poñer: “Oferta de Emprego Público: Ano 2025”.
Punto número 3.5
Onde pon: “texto do exame tipo test”, debe poñer: “texto do exame das preguntas de desenvolvemento”.
Punto número 8.2 b)
Onde pon: “unicamente a proba tipo test”, debe poñer: “unicamente a proba de preguntas de desenvolvemento”.
Oleiros, 24 de novembro de 2025
A segunda tenente de alcalde delegada de Persoal
Margarita Figueroa Vázquez
2025/8088