Martes, 23 de decembro de 2025 · Martes, 23 de diciembre de 2025 · Número 245
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2025_0000008479

Administración Local

Municipal

Oleiros

Área Económica

Calendario fiscal para o ano 2026

ANUNCIO CALENDARIO FISCAL PARA O ANO 2026

Polo presente publícase o calendario fiscal para o ano 2026, aprobado por Resolución nº.: 2025006794 de 17 de decembro de 2025. Cumprirá, así mesmo, coa función de publicación do anuncio de exposición ao público e de cobranza a que se refire o artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 939/2005 do 29 de xullo, en relación cos distintos prazos de cobranza otorgados aos contribuíntes para o pagamento dos tributos e demais ingresos públicos e patrimoniais de vencemento periódico e notificación colectiva que se esixen por padrón e que se citan a continuación, segundo o artigo 37.3 da Ordenanza Fiscal Xeral deste Concello:

(GRUPO 1) Do 1 de Marzo ao 30 de Abril de 2026

· Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. (IVTM)

· Taxa por entrada de vehículos e reserva de espazo. (VAOS)

· Taxa cemiterios municipais. (NICHOS)

· Taxa aproveitamento dominio público con caixeiros de Entidades Financeiras e máquinas expendedoras instalados nas fachadas e manipulables dende a vía pública. (CAIXEIROS)

(GRUPO 2) Do 15 de Setembro ao 30 de Novembro de 2026

· Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica. (IBIU e IBIR)

· Imposto sobre actividades económicas (IAE)

· Taxa ocupación terreos uso público con mesas e cadeiras e finalidade lucrativa. (TERRAZAS)

LUGAR DE PAGAMENTO:

· Entidades Colaboradoras: ABANCA, CAIXABANK e BBVA. Neste caso deberán dispoñer previamente dos documentos de ingreso necesarios. As entidades colaboradoras non poderán establecer limitacións aos días e horario para realizar ingresos, debendo aceptalos, durante o prazo indicado, sempre que se produzan no seu horario normal de caixa.

· Oficina de Recadación, dentro do seu horario de atención ao público.

· Por internet, banca electrónica e en caixeiro automático. Os clientes das entidades colaboradores citadas, que o permitan, poderán realizar o ingreso das súas débedas por estos medios.

· En www.oleiros.org, sede electrónica. Para usuarios con identificación, sistema cl@ve ou certificado dixital, dentro do apartado, os meus recibos.

· En www.oleiros.org, sede electrónica, Para usuarios sen identificación, dentro apartado, pago de recibos, taxas e multas. É necesario que teña o recibo que quere pagar posto que terá que teclear a emisora, identificación, referencia e importe que figuran no mesmo.

FORMAS DE PAGAMENTO:

Acorde co establecido no artigo 60.1da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, o pago da débeda tributaria efectuarase en efectivo. Así mesmo, poderá utilizarse como medio de pago o cheque, conformado ou certificado e a prol do Concello de Oleiros e a tarxeta de crédito e débito, artigo 34 do regulamento xeral de recadación, cos requisitos e condicións que se establezan.

CARGO DE RECIBOS DOMICILIADOS:

Incluídos no Grupo 1: O día 1 de Abril de 2026. No Grupo 2: O día 2 de Novembro de 2026

ADVERTENCIA:

Segundo o establecido no artigo 24.2b) do regulamento xeral de recadación, transcorrido o período voluntario de pagamento, iniciarase o período executivo, que determinará a esixencia do recargo de constinximento, aos que fai referencia os artigos 26 e 28 da lei xeral tributaria, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS:

Aos efectos de alegacións sobre inclusión nos padróns fiscais, e de conformidade co disposto no artigo 66.2 da Ordenanza Fiscal Xeral deste Concello, abrirase un prazo de información/exposición dos citados padróns fiscais, e que comezará quince días antes de iniciarse o respectivo período de cobro (expresado no calendario fiscal).

Durante o prazo de información/exposición pública, os padróns estarán a disposición dos interesados no Departamento de Xestión Tributaria, Avda. Francisca Herrera, nº. 3 – OLEIROS, no seu horario de atención ao público.

RECURSOS:

Contra o acto de exposición e o de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas ao mesmo, poderá formularse recurso de reposición, previo ao recurso contencioso-administrativo, perante o Alcalde-Presidente no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago (art. 14.2 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais e 66.3 da Ordenanza Fiscal Xeral)

POSIBILIDADE DE MODIFICACIÓN:

Resérvase a esta Alcaldía-Presidencia a facultade de modificar o presente calendario cando motivos de índole técnica, debidamente xustificados, impidan a xestión dos recursos económicos indicadas nas datas sinaladas, informando de tal circunstancia aos cidadáns coa suficiente antelación.

 

Oleiros, a 17 de decembro de 2025.

A 1ª Tenente de Alcalde Delegada de Economía e Facenda.

Mª.Jose Varela Neira

2025/8479

 

©2009 Deputación da Coruña