Administración Local
Municipal
Oleiros
Urbanismo
Aprobación inicial expediente 2025/Planeam/000011 - FG nº 755
ANUNCIO
Mediante resolución da Alcaldía número 2025006912 do 23 de decembro, acordouse aprobar inicialmente con condicións o PROXECTO DE COMPENSACIÓN DO SUD-19, OS REGOS (Documento NRE 2025014564 de 2 de xullo, completado con documentación achegada con NRE 2025015629, de 16 de xullo, e con NRE 2025023902, de 5 de novembro).
De conformidade co artigo 270 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo DUN MES, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 5 de xaneiro de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde-Presidente
2026/23