Administración Local
Municipal
Oleiros
Área Económica
Resolucion da alcaldía num. 2026000120 de data 14 de xaneiro do 2026 de actualización de coeficientes regulados no artigo 9º da ordenanza fiscal num. 13, reguladora do imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana
RESOLUCIÓN
Expediente: 2025/XESTRIBU/000084.- Actualización dos coeficientes regulados no artigo 9º da Ordenanza Fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana, como consecuencia da modificación dos importes máximos dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo a que se refire o apartado 4 do artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais polo Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social, e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria de Seguridade Social.
ANTECEDENTES
- Ordenanza fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS
- Atribucións ao Alcalde outorgadas polo artigo 21 1 f) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Ordenanza fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
- Artigo 18 do polo Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social, e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria de Seguridade Social.
- Artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS
O artigo 9º da Ordenanza fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana establece que:
- “O artigo 107.4 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo establece uns coeficientes máximos aplicables por período de xeración. Anualmente e segundo o RD-Lei 26/2021, de 08 de novembro, que modifica o art. 107.4 do TRLRHL, poden ser susceptibles de actualización e poderase levar a cabo mediante as leis de presupostos xerais do Estado. Estes coeficientes actualizaranse automaticamente unha vez publicada a norma estatal con rango de lei que os actualice.
- “Dado que os coeficientes máximos poden ser actualizados anualmente mediante norma con rango legal; se como consecuencia de dita actualización, algúns dos coeficientes regulados no presente artigo resultara superior ao novo máximo legal, aplicarase este directamente ata que se publique a Resolución da Alcaldía no Boletín Oficial da Provincial que actualice e corrixa dito exceso”.
O artigo 18 do polo Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social, e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria de Seguridade Social establece con efectos 1 de xaneiro do 2026 novos importes máximos dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo, segundo o período de xeración do incremento do valor, a que se refire o apartado 4 do artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
En virtude das facultades outorgadas polo artigo 21 1f) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local, RESOLVO:
Actualizar os coeficientes establecidos polo artigo 9º da Ordenanza fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana con efectos 1 de xaneiro do 2026, procedendo a aplicación dos seguintes:
|
Período de xeración |
Coeficiente |
|
Inferior a 1 ano. |
0,16 |
|
1 ano. |
0,15 |
|
2 anos. |
0,15 |
|
3 anos. |
0,15 |
|
4 anos. |
0,16 |
|
5 anos. |
0,18 |
|
6 anos. |
0,20 |
|
7 anos. |
0,22 |
|
8 anos. |
0,23 |
|
9 anos. |
0,21 |
|
10 anos. |
0,16 |
|
11 anos. |
0,13 |
|
12 anos. |
0,11 |
|
13 anos. |
0,10 |
|
14 anos. |
0,10 |
|
15 anos. |
0,10 |
|
16 anos. |
0,10 |
|
17 anos. |
0,12 |
|
18 anos. |
0,16 |
|
19 anos. |
0,22 |
|
Igual o superior a 20 anos. |
0,35 |
En Oleiros, a 14 de xaneiro do 2026.
O Alcalde-Presidente O Secretario Accidental
Asdo.: Ángel García Seoane Asdo.: Marcos Veiga Rodríguez
2026/177