Administración Local
Municipal
Oleiros
Área Económica
Resolución Alcaldía 2026000420 de 28 de xaneiro de aprobacion de datas de aplicación dos coeficientes a aplicar sobre o valor dos terreos no imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana aprobados en data 14 de xaneiro 2026
RESOLUCION
Expediente: 2024/XESTRIBU/000084.- Datas de aplicación dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana aprobados por Resolución da Alcaldía 2026000120 de data 14 de xaneiro do 2026.
ANTECEDENTES
- Ordenanza fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
- Resolución da Alcaldía 2026000120 de data 14 de xaneiro do 2026, polo que se actualizan os coeficientes regulados no artigo 9º da Ordenanza Fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana, como consecuencia da modificación dos importes máximos dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo a que se refire o apartado 4 do artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, polo Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS
- Atribucións ao Alcalde outorgadas polo artigo 21 1 f) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Ordenanza fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
- Artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
- Artigo 18 do Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social.
- Resolución de 27 de xaneiro de 2026, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de derrogación do Real Decreto-lei 16/2025, do 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social. (Publicación no BOE núm. 25 do 28 de xaneiro do 2026).
CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS
O artigo 9º da Ordenanza fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana establece que: “dado que os coeficientes máximos poden ser actualizados anualmente mediante norma con rango legal; se como consecuencia de dita actualización, algúns dos coeficientes regulados no presente artigo resultara superior ao novo máximo legal, aplicarase este directamente ata que se publique a Resolución da Alcaldía no Boletín Oficial da Provincial que actualice e corrixa dito exceso”.
O artigo 18 do Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social establece con efectos 1 de xaneiro do 2025 novos importes máximos dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo, segundo o período de xeración do incremento do valor, a que se refire o apartado 4 do artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Por Resolución da Alcaldía 2026000120 de data 14 de xaneiro do 2026 se actualizaron os coeficientes regulados no artigo 9º da Ordenanza Fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana, como consecuencia da modificación dos importes máximos dos coeficientes a aplicar sobre o valor do terreo no momento do devengo a que se refire o apartado 4 do artigo 107 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, polo Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social. Esta Resolución foi publicada no BOP núm. 11 do 19 de xaneiro do 2026.
O Congreso dos Deputados en sesión do día de 27 de xaneiro de 2026 acordou derrogar o Real Decreto-lei 16/2025, de 23 de decembro, polo que se prorrogan medidas para facer fronte a situación de vulnerabilidade social e se adoptan medidas urxentes en materia tributaria e de Seguridade Social. (Resolución de 27 de xaneiro do 2026, publicada en BOE núm. 25 do 28 de xaneiro do 2026.
En virtude das facultades outorgadas polo artigo 21 1f) da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, RESOLVO:
Primeiro.- A procedencia de aplicación da Resolución da Alcaldía núm. 2026000120 de data 14 de xaneiro do 2026, unicamente dende 1 de xaneiro do 2026 ata o 28 de xaneiro do 2026, ambos inclusive.
Segundo.- Aplicar do 1 de xaneiro do 2026 ata o 28 de xaneiro do 2026, ambos inclusive, os seguintes coeficientes (artigo 9º da Ordenanza fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana):
|
Período de xeración |
Coeficiente |
|
Inferior a 1 ano. |
0,16 |
|
1 ano. |
0,15 |
|
2 anos. |
0,15 |
|
3 anos. |
0,15 |
|
4 anos. |
0,16 |
|
5 anos. |
0,18 |
|
6 anos. |
0,20 |
|
7 anos. |
0,22 |
|
8 anos. |
0,23 |
|
9 anos. |
0,21 |
|
10 anos. |
0,16 |
|
11 anos. |
0,13 |
|
12 anos. |
0,11 |
|
13 anos. |
0,10 |
|
14 anos. |
0,10 |
|
15 anos. |
0,10 |
|
16 anos. |
0,10 |
|
17 anos. |
0,12 |
|
18 anos. |
0,16 |
|
19 anos. |
0,22 |
|
Igual o superior a 20 anos. |
0,35 |
Terceiro.- Aplicar dende o 29 de xaneiro do 2026 os seguintes coeficientes (artigo 9º da Ordenanza fiscal número 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana), aprobados por Resolución da Alcaldía número 2024000010 de data 3 de xaneiro do 2024:
|
Período de xeración |
Coeficiente |
|
Inferior a 1 ano. |
0,15 |
|
1 ano. |
0,15 |
|
2 anos. |
0,14 |
|
3 anos. |
0,14 |
|
4 anos. |
0,16 |
|
5 anos. |
0,18 |
|
6 anos. |
0,19 |
|
7 anos. |
0,20 |
|
8 anos. |
0,19 |
|
9 anos. |
0,15 |
|
10 anos. |
0,12 |
|
11 anos. |
0,10 |
|
12 anos. |
0,09 |
|
13 anos. |
0,09 |
|
14 anos. |
0,09 |
|
15 anos. |
0,09 |
|
16 anos. |
0,10 |
|
17 anos. |
0,13 |
|
18 anos. |
0,17 |
|
19 anos. |
0,23 |
|
Igual o superior a 20 anos. |
0,40 |
En Oleiros, a 28 de xaneiro do 2026.
O Alcalde-Presidente O Secretario Accidental
Asdo.: Ángel García Seoane Asdo.: Marcos Veiga Rodríguez
2026/502