Luns, 9 de febreiro de 2026 · Lunes, 9 de febrero de 2026 · Número 26
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2026_0000000652

Administración Local

Municipal

Oleiros

Área Económica

Aprobación inicial e apertura de prazo de exposición pública para a tramitación do expediente para a declaración de Zona de Situación Acústica Especial no ámbito do Proxecto de urbanización do polígono 22 “A Xesteira”

ANUNCIO

EXPEDIENTE: 2025/URBANIS/001089

Mediante Resolución núm. 2026000441 do 30 de xaneiro, aprobouse inicialmente Aprobar inicialmente o mapa de ruído correspondente ao ámbito do do Polígono 22 “A Xesteira”, elaborado coa base no estudo acústico presentado pola consultora Isanor Acústica (informe núm. 086/2025 - NRE 2025021730, de 8 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, así como a proposta de declaración de Zona de Situación Acústica Especial que se contén e xustifica no mesmo documento.

O citado mapa de ruído, así como a proposta de declaración da Zona de Situación Acústica Especial no ámbito do Polígono 22 “A Xesteria” pode consultarse:

- A través da páxina web do Concello de Oleiros, no apartado de información pública da área de Urbanismo.

- Na sede electrónica do Concello de Oleiros, a través do CSV VCFL7B5FFY0PB3LK.

- No taboleiro de anuncios.

A publicación deste anuncio supón a apertura dun prazo dun mes aos efectos de dar publicidade e permitir que se presenten alegacións á proposta inicial referida.

 

Oleiros, 2 de febreiro de 2026

Asdo.: Ángel García Seoane

Alcalde

2026/652

 

©2009 Deputación da Coruña