Administración Local
Municipal
Oleiros
Urbanismo
Aprobación definitiva do expediente 2025/PLANEAM/000005 - FG Nº 749
ANUNCIO
Aprobación definitiva do expediente 2025/PLANEAM/000005 - FG Nº 749
Mediante acordo do Pleno do 26 de decembro de 2025, aprobouse definitivamente a MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 18 DO PXOM, RETIRADA DO CATÁLOGO DO ELEMENTO D-4 IDENTIFICADO COMO HÓRREO EN MERA (Documento asinado o 4 de xuño de 2025).
O documento aprobado definitivamente pode consultarse na páxina web do Concello, na sección de Urbanismo, Plan xeral, Modificacións puntuais.
Non se achega normativa urbanística xa que a modificación non afecta ás determinacións do PXOM e mantense este en vigor.
O que se fai público para a súa executividade e indícase que contra a aprobación definitiva da modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.
Oleiros, 7 de xaneiro de 2026
Alcalde-Presidente
Ángel García Seoane
2026/834