Administración Local
Municipal
Oleiros
Área Económica
Aprobación e exposición pública do padrón provisional taxa de sumidoiro, prestación patrimonial do Servizo de auga potable e depuración e canon da Xunta de Galicia correspondente ao 4º trimestre 2025 zona “B”
ANUNCIO
Aprobación dos padróns da taxa de sumidoiro, das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario pola prestación dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e tratamento e depuración de augas residuais, así como do canon da auga da Xunta de Galicia correspondentes ao 4º trimestre do 2025 relativo ós inmobles sitos na Zona “B” (Parroquias de Oleiros, Perillo, Maianca, Serantes, Dexo e Urbanización dos Regos).
ÓRGANO E DATA DE APROBACIÓN: Resolución da 1ª Tenente de Alcalde-Delegada de Economía e Facenda núm. 2026000802 de data 18 de febreiro do 2026.
LUGAR E PRAZO DE EXPOSICIÓN (artigo 102.3 da Lei 58/2003): Facenda Local (Avda. Francisca Herrera, 3-Oleiros). Prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
PRAZO DE INGRESO EN VOLUNTARIA: Do 1 de febreiro do 2026 ao 31 de marzo do 2026a. Transcorrido o prazo de ingreso en voluntaria sen que se efectúe o ingreso, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, co recargo, xuros de demora e costas de exacción que procedan. A esixencia do canon da auga pola vía de constrinximento, realizarase pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
RECURSOS CONTRA AS LIQUIDACIÓNS DE TAXAS DE AUGA E SUMIDOIRO: Recurso de reposición ante esta Alcaldía no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de A Coruña. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.
RECURSOS CONTRA AS LIQUIDACIÓNS DE CANON DA AUGA: Reclamación económico administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda da Xunta de Galicia), no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón.
Oleiros, a 18 de febreiro do 2026
A 1ª Tte. Alcalde-Delegada de Economía e Facenda
Asdo.: Mª. José Varela Neira
2026/995