Administración Local
Municipal
Oleiros
Urbanismo
Aprobación inicial do Proxecto de normalización de predios rúa Río Campo / (expediente 2024/PLANEAM/000008 - FG nº 734)
ANUNCIO
Aprobación inicial do PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS RÚA RÍO CAMPO / (Expediente 2024/PLANEAM/000008 - FG Nº 734)
Mediante Resolución da Alcaldía número 2026001092 do 2 de marzo, acordouse aprobar inicialmente o PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS na RÚA RÍO DO CAMPO, MAIANCA (Documento de novembro de 2025, asinado polo arquitecto municipal).
O proxecto tíñase aprobado inicialmente con carácter previo, pero ao terse efectuado unha modificación substancial deste, é necesario retrotraer as actuacións e volver a executar o trámite, coa correspondente información pública.
De conformidade co artigo 282 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na páxina web do Concello na área de Urbanismo – Trámites de información pública, polo prazo DUN MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
O acceso tamén pode facerse a través da ligazón https://sede.oleiros.org/validacion introducindo o código seguro de verificación (CSV) A9PYM54201SSET4Y.
Oleiros, 2 de marzo de 2026
Ángel García Seoane
Alcalde
2026/1270