Mércores, 25 de marzo de 2026 · Miércoles, 25 de marzo de 2026 · Número 56
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2026_0000001732

Administración Local

Municipal

Oleiros

Urbanismo

Aprobación definitiva da declaración de Zona de situación acústica especial no ámbito do Proxecto de urbanización do Polígono 22 “A Xesteira”

ANUNCIO

EXPEDIENTE: 2025/URBANIS/001089

Mediante Decreto núm. 2026001375 do 13 de marzo, aprobouse definitivamente o mapa de ruído correspondente ao ámbito do Polígono 22 “A Xesteira”, elaborado coa base no estudo acústico presentado pola consultora Isanor Acústica (informe núm. 086/2025 - NRE 2025021730, de 8 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, así como a proposta de declaración de Zona de Situación Acústica Especial que se contén e xustifica no mesmo documento.

O citado mapa de ruído, así como a proposta de declaración da Zona de Situación Acústica Especial no ámbito do Polígono 22 “A Xesteria” pode consultarse:

- A través da páxina web do Concello de Oleiros, no apartado de Urbanismo - Criterios.

- Na sede electrónica do Concello de Oleiros, a través do CSV T5W229JLUOFCYYXP, no apartado Validación de documentos.

Contra o presente acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da cidade da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio ou da recepción da notificación do acordo, de conformidade co disposto no artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme ao dereito.

 

Oleiros, 17 de marzo de 2026

Asdo.: Ángel García Seoane

Alcalde-Presidente

2026/1732

 

©2009 Deputación da Coruña