Administración Local
Municipal
Oleiros
Áreas de Cultura, Educación e Deportes
Edicto aprobación tarifa reducida en casos de ausencia temporal prolongada das escolas artísticas municipais
EDICTO
A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día vintecatro de marzo de dous mil vinteseis, adoptou acordo de establecemento dunha redución no prezo público correspondente ás Escolas artísticas municipais en casos de ausencia temporal prolongada.
O texto íntegro do acordo, co seu contido completo e condicións de aplicación, poderá consultarse en sede electrónica municipal: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#
A presente fixación de prezo público comezará a aplicarse a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
O que se publica para coñecemento xeral.
En Oleiros, a trinta de marzo de dous mil vinteseis, asinado dixitalmente polo Alcalde, D. Ángel García Seoane.
2026/1911