Martes, 7 de abril de 2026 · Martes, 7 de abril de 2026 · Número 63
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2026_0000001998

Administración Local

Municipal

Oleiros

Secretaría Xeral

Anuncio delegación do alcalde por ausencia

ANUNCIO

O dia 30 de marzo do 2026, a Alcaldía do Concello de Oleiros ditou o Decreto número 2026001700, que se transcribe:

“As tenentes de alcalde substituirán na totalidade das súas funcións e por orde de nomeamento ó alcalde nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que o imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como desenvolver as funcións propias para o caso de vacante no posto de alcalde, tendo en conta que vou estar fóra do termo municipal desde o día 31 de marzo ó 8 de abril de 2026; non podendo polo tanto exercer as funcións correspondentes á alcaldía, en virtude do disposto nos arts. 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e conforme ós arts. 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por RD 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO:

Primeiro.- Delegar na 1ª tenente de alcalde, Dª Mª José Varela Neira, as funcións inherentes á alcaldía nos termos previstos no art. 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante o período da miña ausencia e que será efectiva desde o día 31 de marzo ao día 8 de abril de 2026, ambos inclusive.

Segundo.- A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como as de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros.

Terceiro.- O órgano delegado informará a esta alcaldía posteriormente, en todo caso cando se lle requira, en canto á xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia e con carácter previo de aquelas decisións de trascendencia, tal e como se prevé no art. 115 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo RD 2568/1986, de 28 de novembro.

Cuarto.- A delegación conferida no presente decreto requerirá para a súa eficacia a aceptación da delegada, entendéndose outorgada se non se formula ante esta alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no remate de tres día hábiles contados desde o seguinte a aquel no que lle sexa notificada o presente decreto.

Quinto.- Publicar a presente no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ós efectos do previsto no art. 44.2 doRegulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por RD 2568/1986, de 28 de novembro, dándose conta ó pleno da Corporación.

Sexto.- Ó non previsto expresamente neste decreto aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Regulamento de organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por RD 2568/1986, de 28 de novembro, en canto ás regras que para a delegación establécense nas devanditas normas.”

 

Oleiros, 30 de marzo do 2026

O Alcalde,

Ángel García Seoane.

2026/1998

 

©2009 Deputación da Coruña