Luns, 1 de xuño de 2026 · Lunes, 1 de junio de 2026 · Número 101
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2026_0000003502

Administración Local

Municipal

Oleiros

Áreas de Cultura, Educación e Deportes

Edicto aprobación prezos públicos actividades concellería de deportes

EDICTO

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día vinte de xuño de dous mil vinteseis, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Aprobación de prezos públicos que se sinalan a continuación:

ACTIVIDADE

PREZO PÚBLICO

CURSO DE INICIACIÓN AO MONTAÑISMO ESTIVAL

78,00 euros por persoa

CAMPUS DEPORTIVOS CON 4 PERNOCTAS E 5 DÍAS DE ACTIVIDADE

165,00 euros por persoa

2º.- Aprobar o seguinte réxime de bonificacións:

· 95 % do custo para aquelas persoas que polas características sociais e económicas non poidan acceder en igualdade de condicións, acreditándose dita circunstancia mediante informe emitido ao efecto polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.

· Declarar as actividades non esenciais a efectos da aplicación do previsto na Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, e aprobar as seguintes bonificacións acumulables a calquera outras das que puidesen desfrutar os participantes.

- familia numerosa categoria especial.- Bonificación 10%.

- Familia numerosa categoría xeral.- Bonificación 5%.

O texto íntegro do acordo, co seu contido completo e condicións de aplicación, poderá consultarse na sede electrónica municipal, a través do seguinte enlace: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#

O dito acordo surte efectos desde a data da súa adopción.

O que se publica para coñecemento xeral.

 

En Oleiros, 26 de maio de 2026 asinado polo Alcalde, D. Angel García Seoane.

2026/3502

 

©2009 Deputación da Coruña