Administración Local
Municipal
Oleiros
Área Económica
Exposición pública da Conta xeral do Concello de Oleiros do ano 2025
EDICTO
Unha vez que foi formulada e rendida a Conta Xeral desta Corporación correspondente ao exercicio 2025, e que foi informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público, xunto cos documentos que a xustifican, na sede electrónica do Concello de Oleiros (no apartado de Publicacións Oficiais\Taboleiro de Anuncios\Anuncios Municipais)
sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#
polo espazo de quince días hábiles, contados a partires do día seguinte á inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Os interesados poderán examinala e formular os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o devandito prazo de exposición e os 8 días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/04, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
En Oleiros, asinado dixitalmente pola presidenta da Comisión Especial de Contas, M.ª José Varela Neira, o día 29 de maio de 2026.
2026/3599