Administración Local
Municipal
Oleiros
Secretaría Xeral
Modificación mesa contratación de carácter permanente órgano de contratación pleno do Concello de Oleiros
ANUNCIO
Na sesión extraordinaria do Concello Pleno que tivo lugar o día 26 de xuño de 2023 adoptouse o acordo de delegar na Xunta de Goberno Local as competencias que corresponden ao Pleno como órgano de contratación respecto dos contratos mencionados na disposición adicional segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro (LCSP).
Na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 20 de maio de 2026, aprobouse a modificación da composición da mesa de contratación de carácter permanente, respecto dos contratos que corresponden ao Pleno como órgano de contratación, adoptando o seguinte acordo:
1º.- Modificar a composición da Mesa de Contratación Permanente do órgano de contratación Pleno do Concello de Oleiros, que estará integrada polos membros seguintes:
- PRESIDENTA: Dª. Sandra Fernández Fernández, membro da Corporación.
- VOGAIS:
- D. Vicente José Calvo del Castillo, Interventor municipal.
- D. Juan Luis González Iglesias, Secretario municipal.
- D. Francisco Xosé Montouto Pérez, funcionario interino (Técnico de contratación), Unidade de Patrimonio e Contratación.
- SECRETARIO: José Manuel Díaz García, funcionario de carreira (Administrativo), Unidade de Patrimonio e Contratación.
En caso de vacante, ausencia ou enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, o réxime de suplencias das persoas que compoñen esta Mesa de Contratación Permanente será o seguinte:
- PRESIDENTE: D. Antonio Molinos Marcote, membro da Corporación.
- VOGAIS:
- Funcionario nomeado pola Comunidade autónoma para a cobertura do posto reservado de Interventor municipal.
- Funcionario nomeado pola Comunidade Autónoma para a cobertura do posto reservado de Secretario municipal.
- D. Marcos Veiga RodrIguez, funcionario de carreira, Xefe do Servizo de Interior.
- SECRETARIO: Iago Aleixandre López Alvarez, funcionario de carreira (Administrativo) Unidade de Patrimonio e Contratación.
2º.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Taboleiro de Anuncios sito na Sede Electrónica Municipal, así como no Perfil do Contratante deste órgano de contratación.
3º.- Notificar o presenta acordo aos membros que forman parte desta Mesa de Contratación Permanente.
Oleiros, 1 de xuño de 2026
O Alcalde-Presidente
Ángel García Seoane
2026/3654