Administración Local
Municipal
Cerceda
Intervención
Aprobación definitiva modificación de Ordenanzas fiscais núm. 1, 16 e 17
EDITO
O Concello en Pleno, en sesión celebrada o 28/11/2024, aprobou provisionalmente a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras dos seguintes ingresos:
- ORDENANZA Nº 1, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES. (expediente 2024/G016/000001)
- ORDENANZA Nº 17, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO. (expediente 2024/G016/000001)
- ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DA TAXA SOBRE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXOS OU RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E XESTIÓN DO PUNTO LIMPO. (expediente 2024/G016/000002)
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 04/12/2024, publicouse edicto de exposición ao público dos citados acordos. Transcorrendo o prazo de alegacións de 30 días (17.1 RDLeg. 2/2004, TR Lei de Facendas Locais, LHL) sen que se presentara ningunha, o acordo provisional elévase a definitivo e realízase esta publicación para a súa entrada en vigor segundo o disposto no mesmo (17.4 LHL).
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación (arts. 10.1.b e 46.1 Lei 29/1998, da Xurisdición Contencioso administrativa).
En aplicación do art. 17.4 LHL, fanse público os acordos e o texto íntegro:
“Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal nº 1 reguladora da taxa por distribución de auga, incluidos os dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores, e da Ordenanza fiscal nº 17 reguladora da taxa por prestación do servizo de sumidoiro, consistente na adaptación á calificación de prestacións patrimoniais de carácter público non tributaria, e no incremento de tarifa de 17,50 %, quedando redactadas segundo figura no anexo I.
(.....) Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora da taxa sobre recollida domiciliaria de lixos ou residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo, quedado segundo figura no anexo I.
Segundo. Someter o expediente a información pública e audiencia ós interesados polo prazo de trinta días hábiles para a presentación de reclamacións e suxerencias, prazo que comenzará a contar a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. Deberá publicarse así mesmo no Taboleiro de anuncios do Concello.
Terceiro. No caso de que non se presentase reclamación ou suxerencia entederase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse íntegramente o texto definitivo da modificación das Ordenanzas, no Boletín Oficial da Provincia, entrando en vigor segundo o previsto artigo 70.2 da lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local
ORDENANZA Nº 1, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES.
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
En uso da facultade concedida polo artigo 31.3 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en relación coa Disposición adicional primeira da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, o Concello de Cerceda establece unha prestación patrimonial de carácter público non tributario como contraprestación pola prestación do servizo público por distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche de líñas, colocación e utilización de contadores,, a que se refire o artigo 20. 4 t) do propio Real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2.- Presupuesto de Feito.
Está constituído pola actividade municipal desenrolada con motivo da distribución de auga potable a domicilio, o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.
Artigo 3.- Nacemento da obriga.
O nacemento da obriga producirase no momento de prestarse o servizo previa a correspondente solicitude ou dende que se utilice este sen obter a previa autorización, debendo depositarse previamente o pago correspondente ó enganche e contadores.
AS contraprestacións económicas satisfaranse con periodicidade trimestral.
Artigo 4.-Obrigados ao pagamento
Son obrigados ao pagamento da prestación patrimonial de carácter público non tributario, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire esta Ordenanza.
Terán a consideración de substitutos dos obrigados ao pagamento os propietarios das vivendas ou locais ás que se provea do servizo, as cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 5.-Clasificacións das concesións.
1. As concesións clasifícanse en:
a) Para uso doméstico, é dicir, para atender ás necesidades da vida e hixiene privada.
b) Para uso comercial e de servicios, para aqueles establecementos desta natureza cunha superficie útil de exposición e venta inferior a 500 m2.
c) Para uso industrial, para aqueles establecementos non incluídos no punto anterior.
d) Municipal, incluíndo os usos propios do Concello de Cerceda.
2. Ningún abonado pode dispoñer da auga máis que para aquelo que lle foi concedida, agás causa de forza maior, quedando terminantemente prohibido, a cesión gratuíta ou a revenda de auga.
Artigo 6.-Base
Estará constituída por:
- No subministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
- Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede por cada local comercial, vivenda individual.
- Na colocación e utilización de contadores: a clase de contador individual ou colectivo.
Artigo 7.-Cotas.
1.- A contía será a establecida a continuación:
1º.-Suministro de auga:
A) Abonados domésticos
- Ata 50 m3/trimestre (mín.40 m3/ttre.): 0,797 euros/m3.
- Máis de 50 m3/trimestre: 0,966 euros/m3.
B) Abonados comerciais.
- Mínimo facturable 40 m3/trimestre: 0,729 euros/m3.
- Excesos: 0,729 euros/m3.
C) Abonados industriais
- Mínimo facturable: 40 m3/trimestre: 0,966 euros/m3.
- Excesos: 0,966 euros/m3.
2º.- Cotas de conservación de acometidas e contadores:
- Acometidas: 0,389 euros/abon./mes.
- Contadores: 0,389 euros/abon./mes.
3º.- Enganche á rede de suministro de auga:
1.- Cota única:
a) Vivendas: 262,55 euros/vivenda
b) Locais comerciais e industriais: 262,55 euros .
c) Obras: 262,55 euros.
2.-As obras de conexión serán por conta do obrigado ao pagamento desta prestación patrimonial de carácter público non tributario e poderán ser efectuados directamente previa autorización e fixación das condicións técnicas polo Concello; en tódo-los casos, dispoñerán de contador homologado e precintado polo mesmo.
Artigo 8.-Normas de xestión.
1. Cada usuario deberá dispoñer dun contador individual.
2. Os solicitantes de acometida de enganche, farán constar o fin a que destinan a auga, advertíndose que calquera infracción ou aplicación diferente, daquela para a que se solicita, será castigada cunha multa na cantidade que acorde o Concello, sen prexuízo de retirarlle o suministro de auga.
3. Os gastos que ocasione a renovación de tuberías, reparación de minas, pozos, manantiais, consumo de forza, etc., serán cubertos polos interesados.
4. Tóda-las obras para conducir a agua, da rede xeral á toma do abonado, serán de conta deste, se ben, realizarase baixo a dirección municipal e na forma que o Concello indique.
5. Cando o solicitante da acometida da auga a efectuase en data posterior á que debera realizala, satisfará como dereito de enganche, o 200 por cento do importe que lle correspondera abonar por cada enganche.
Artigo 9.-Réxime de declaración e ingreso.
1. A concesión do servicio, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta Ordenanza e o contrato que queda dito.
2. Unha vez autorizada a concesión á rede municipal de subministración de auga, o obrigado ao pagamento deberá aboar as cotas correspondentes ó enganche conforme ó sinalado na presente ordenanza.
3. A prestación patrimonial de carácter público non tributario por subministración liquidarase trimestralmente mediante a correspondente lista cobratoria de auga aprobada polo órgano competente. A estes efectos, a empresa concesionaria elaborará a lista cobratoria correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación. Aprobado e publicado a lista cobratoria no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da prestación patrimonial de carácter público non tributario, pero nunca antes.
4. O cobro por subministración de auga realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servizo. En todo caso facerase efectiva no trimestre natural seguinte ó que corresponde ó recibo xirado. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrixemento.
Artigo 10
O Concello, por providencia do alcalde, iniciará un expediente que poderá rematar co corte do suministro de auga a un abonado, cando negue a entrada ó domicilio para o exame das instalacións, cando ceda a título gratuito ou onerosamente a agua a outra persoa, cando non pague puntualmente as cotas de consumo, cando exista rotura de precintos, selos ou outra marca de seguridade posta polo Concello, así como os limitadores de suministro dun tanto alzado”. Tóda-las concesións, responden a unha póliza ou contrato suscrito polo particular e o Concello que se fará por duplicado exemplar.
No caso de que no momento da lectura, se aprecie unha avería ou rotura do contador que impida a normal lectura do mesmo, procederase a estimar o consumo tendo en conta os datos de lectura dos 12 meses anteriores.
O corte da acometida por falta de pago, levará consigo ó rehabilitarse, o pago dos dereitos de nova acometida.
Artigo 11
No caso de que por escasez de caudal, augas sucias, sequías, xeadas, reparacións, etc., o Concello tivera que suspender total ou parcialmente o suministro, os abonados non terán dereito a reclamación algunha, nin indemnización por danos, perxuízos ou calquera outro concepto, entendéndose neste senso que a concesión faise a título precario.
Artigo 12.-Responsables.
1. Serán responsables solidarios das obrigacións establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 13.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido das facendas locais, non se recoñece beneficio algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 14.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto no Título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público e demáis normativa aplicable que resulte de aplicación
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir del 1 de abril seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
-ORDENANZA Nº 17, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO.
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
En uso da facultade concedida polo artigo 31.3 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en relación coa Disposición adicional primeira da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, o Concello da Cerceda establece unha prestación patrimonial de carácter público non tributario como contraprestación pola prestación do servizo público por sumidoiro, a que se refire o artigo 20. 4 3) do propio Real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2.- Presupuesto de Feito.
1. Constitúe o presupuesto de feito da prestación patrimonial de carácter público non tributario a prestación do servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal. Así como o prestado para a conexión á rede xeral, unha vez constatado que se dean as condicións necesarias para a autorización da acometida á rede xeral.
2. O servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódo-los inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servicio, devengándose a prestación patrimonial de carácter público non tributario aínda cando os obrigados ao pagamento non realicen a acometida da finca á rede xeral.
Artigo 3.- Nacemento da obriga.
1. Considerarase devengado dende que naza a obrigación de pagamento a teor do establecido no artigo 2.º. Considérase que comeza a prestación do servicio que da orixe ó nacemento da obrigación de pagamento, cando teña lugar a acometida efectiva, previa autorización ou sin ela, caso no cal haberá lugar ás sancións que procedan.
2. Nos demais casos, o devengo terá lugar o primeiro día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.
Artigo 4.-Obrigados ao pagamento.
1. Son obrigados ao pagamento desta prestación patrimonial de carácter público non tributario, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servicio.
2. Terán a consideración de substitutos do obrigado ao pagamento, o propietario das viviendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da prestación patrimonial de carácter público non tributario.
Artigo 5.-Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigacións establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos obrigados ao pagamento.
Artigo 6.-Base
A base virá determinada no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro, polo número de locais ou vivendas que desauguen conxuntamente a través da acometida para a que se solicita autorización.
No referente á evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais, a base impoñible ven constituída polos m3 de auga consumida na finca, para aqueles abonados con servicio de abastecemento. Para os abonados sen este servicio, estará constituída por unha cantidade fixa.
Artigo 7.-Cota.
A cota correspondente será a seguinte:
1. Enganches: 78,12 €.
2. Servicio de saneamento e depuración:
a) Para abonados con abastecemento de auga:
I. Domésticos e comerciais:
1. Cota fixa mensual: 3,386 €
2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,257 €/m3
II. Industriais e obras:
1. Cota fixa mensual: 7,626 €
2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,288€/m3
b) Para abonados sen abastecemento:
I. Domésticos e comerciais
1. Cota fixa mensual: 7,216 €
II. Industriais e obras:
1. Cota fixa mensual: 13,551 €
c) Industrias con grandes caudais vertidos á rede de saneamento (aquelas industrias que para o seu proceso utilicen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan á rede de sumidoiro un caudal moi superior ó consumido na rede municipal, instalarán o seu cargo aparatos para medida do caudal vertido á rede. De mutuo acordo entre empresa e concesionario do servicio de augas, poderase realizar un aforo do caudal vertido a efectos de facturación.) Facturarase de acordo coa seguinte tarifa:
I. Cota fixa mensual: 11,864 €.
Por cada m3 de vertido (medido ou aforado): 0,335 €/m3
Artigo 8.-Normas de xestión.
Tóda-las persoas obrigadas ó pago, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración dos inmobles posuídos, mediante escrito dirixido ó Sr. presidente da Corporación. Transcurrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente lista cobratoria.
Artigo 9.-Réxime de declaración e ingreso.
1. A concesión do servicio, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta Ordenanza e o contrato que queda dito.
2. Unha vez autorizada a concesión á rede municipal de saneamento, deberase practicar polo obrigado ao pago declaración e aboar as cotas correspondentes ó enganche conforme ó sinalado na presente ordenanza.
3. Esta presente prestación patrimonial de carácter público non tributario liquidarase e recaudarase conxuntamente cos recibos correspondentes á presente prestación patrimonial de carácter público non tributario por suministro de auga, en caso de dispoñer deste servizo. En caso contrario, liquidarase de xeito individual.
4. A presente prestación patrimonial de carácter público non tributario por saneamento liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de saneamento aprobado polo órgano competente. A estes efectos, a empresa concesionaria elaborará a lista cobratoria correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación. Aprobado e publicado o padrón no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da presente prestación patrimonial de carácter público non tributario, pero nunca antes .
5. O cobro por saneamento realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servizo. En todo caso facerase efectiva no trimestre natural seguinte ó que corresponde ó recibo xirado. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrixemento.
Artigo 10.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 11.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto no Título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público e demáis normativa aplicable que resulte de aplicación
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir del 1 de abril seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DA TAXA SOBRE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXOS OU RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E XESTIÓN DO PUNTO LIMPO.
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.s) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por Recollida de Lixos, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.
Artigo 2.-Feito impoñible.
1. O feito impoñible ven determinado pola prestación do servicio de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos donde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios, así como o mantemento e xestión do punto limpo.
2. O servicio de recollida de lixos domiciliarios será de recepción obrigatoria para aquelas zonas ou rúas onde se preste, e a súa organización e funcionamento subordinarase ás normas que dicte o Concello para a súa regulamentación.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica o un patrimonio separado, susceptible de imposición, que resulten beneficiadas pola prestación do servicio.
2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, os propietarios dos inmobles ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.-Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 5.-Devengo.
A obrigación de contribuír nacerá dende que teña lugar a prestación dos servicios, se ben entenderase, dada a natureza de recepción obrigatoria da recollida de lixo, que tal prestación ten lugar cando estea establecido e en funcionamento o servicio nas zonas ou rúas onde figuren domiciliados os contribuíntes suxeitos á Taxa. O período impositivo será por trimestres naturais, agás nos supostos de inicio ou cese no servicio, caso no cal prorratearase a cota por trimestres naturais.
Artigo 6.-Base impoñible e liquidable.
A base impoñible estará constituída pola clase e natureza de cada centro productor do lixo: Vivenda, restaurante, bar, cafeterías e locais comerciais ou industriais. A estos efectos considerarase como lixo todo residuo ou detrito, embalaxes, recipientes ou envoltorios de alimentos, vestidos, calzados, etc., así como o producto da limpeza dos pisos ou vivendas e as das mesmas clases de comercios e industrias, excluíndose os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritos humanos, ou calquera outra materia, da que a recollida ou vertido esixa especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
Artigo 7.-Cota tributaria.
As cotas anuais a aplicar serán as seguintes:
|
Urbana |
Rústica |
|
|
Vivendas |
94,94 |
78,61 |
|
Entidades financeiras |
||
|
Oficinas bancarias ou similares |
||
|
Ata 200 m2 |
415,52 |
270,96 |
|
De >200 m2 |
512,67 |
329,24 |
|
Aloxamentos |
||
|
Hoteles, hostais, moteles e hoteles-apartamentos |
||
|
Ata 100 m2 |
260,66 |
178,04 |
|
De >100 a 150 m2 |
343,52 |
227,75 |
|
De > 150 a 200 m2 |
426,38 |
277,47 |
|
De > 200 a 300 m2 |
542,38 |
347,08 |
|
De > 300 a 400 m2 |
641,81 |
406,73 |
|
De >400 |
807,54 |
506,17 |
|
Casas de turismo rural |
||
|
Ata 100 m2 |
260,66 |
178,04 |
|
De >100 a 150 m2 |
343,52 |
227,75 |
|
De >150 a 200 m2 |
426,38 |
277,47 |
|
De > 200 a 300 m2 |
542,38 |
347,08 |
|
De >300 a 400 m2 |
641,81 |
406,73 |
|
De >400 |
807,54 |
506,17 |
|
Establecementos de espectáculos públicos e restauración |
||
|
Salas de festas, discotecas, salas de baile, pubs, karaokes, e similares |
||
|
Ata 100 m2 |
260,66 |
178,04 |
|
De > 100 a 150 m2 |
343,52 |
227,75 |
|
De 150 a 200 m2 |
426,38 |
277,47 |
|
De >200 a 300 m2 |
542,38 |
347,08 |
|
De >300 a 400 m2 |
641,81 |
406,73 |
|
De >400 |
807,54 |
506,17 |
|
Bar, café bar, tabernas e similares |
||
|
Ata 200 m2 |
260,66 |
178,04 |
|
De >200 m2 |
343,52 |
227,75 |
|
Restaurantes, pizzerías, hamburgueserías, parrilladas e similares |
||
|
Ata 200 m2 |
331,68 |
220,65 |
|
De >200 m2 |
450,05 |
291,68 |
|
Establecementos de alimentación |
||
|
Supermercados |
||
|
Ata 200 m2 |
331,68 |
220,65 |
|
De >200 m2 |
450,05 |
291,68 |
|
Ultramarinos, fruterías, panaderías, carnicerías e alimentación en xeral |
||
|
Ata 200 m2 |
260,66 |
178,04 |
|
De >200 m2 |
343,52 |
227,75 |
|
Xestorías, aseguradoras, inmobiliarias e demáis despachos profesionais |
||
|
Ata 200 m2 |
164,33 |
120,24 |
|
De >200 m2 |
199,02 |
141,06 |
|
Farmacias, parafarmacias e similares |
||
|
Ata 200 m2 |
164,33 |
120,24 |
|
De >200 m2 |
199,02 |
141,06 |
|
Centros de ensinanza, academias e autoescuelas |
||
|
Ata 200 m2 |
192,08 |
136,90 |
|
De >200 m2 |
240,66 |
166,04 |
|
Hospitales, clínicas, xeriátricos, residencias e similares |
||
|
Clínicas |
||
|
Ata 75 m2 |
164,33 |
120,24 |
|
De >75 a 150 m2 |
199,02 |
141,06 |
|
De >150 a 200 m2 |
233,72 |
161,88 |
|
De >200 a 300 m2 |
282,29 |
191,02 |
|
De > 300 a 400 m2 |
323,93 |
216,00 |
|
>400 |
393,32 |
257,64 |
|
Hospitais e xeriátricos |
||
|
Ata 75 m2 |
331,68 |
220,65 |
|
De > 75 a 150 m2 |
450,05 |
291,68 |
|
De >150 a 200 m2 |
568,42 |
362,70 |
|
De >200 a 300 m2 |
734,14 |
462,13 |
|
De >300 a 400 m2 |
876,19 |
547,36 |
|
De >400 a 1000 mº |
1.112,93 |
689,40 |
|
De >1000 m2 |
1.349,68 |
831,45 |
|
Almacéns, ferreterías, talleres, industrias, venta de maquinaria e similares |
||
|
Ata 200 m2 |
203,51 |
143,75 |
|
De >200 a 1000 m2 |
388,09 |
254,50 |
|
De >1000 m2 |
670,39 |
423,88 |
|
Comercio detallista |
||
|
Ata 200 m2 |
209,23 |
147,18 |
|
De >200 |
266,37 |
181,47 |
|
Peluquerías e centros de estética |
||
|
Ata 200 m2 |
172,49 |
125,14 |
|
De >200 |
211,27 |
148,41 |
|
Gasolineras |
||
|
Ata 200 m2 |
192,08 |
136,90 |
|
De >200 |
240,66 |
166,04 |
|
Ximnasios, centros deportivos e de ocio |
||
|
Ata 200 m2 |
250,05 |
171,67 |
|
De >200 |
327,60 |
218,20 |
|
Outros non clasificados |
||
|
Ata 200 m2 |
192,08 |
136,90 |
|
De >200 |
240,66 |
166,04 |
|
Baixos desocupados |
54,12 |
32,47 |
Artigo 8
As cotas por prestación de servicios de carácter xeral e obrigatorio liquidaranse trimestralmente nos prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recaudación para os ingresos por recibo, con excepción da liquidación da alta inicial no padrón que se recaudará por ingreso directo.
Artigo 9.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 , do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei, así como aqueles que, sendo beneficiarios do servicio, se atopen en situación de exclusión social, previo informe dos servicios sociais municipais, os cales terán unha bonificación do 100%.
Artigo 10.-Prazos e forma de declaración e ingresos.
Tóda-las persoas obrigadas ó pago deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración das vivendas ou establecementos que ocupen, mediante escrito dirixido ó Sr. Presidente da Corporación. Transcurrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.
Artigo 11
O tributo recaudarase trimestralmente nos prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recaudación para os tributos de notificación colectiva e periódica, agás que, para un exercicio en concreto o Pleno Municipal dispoña outra cousa. Por excepción a liquidación correspondente á alta inicial na matrícula ingresarase nos prazos indicados no citado Regulamento para os ingresos directos.
Artigo 12.-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir del 1 de abril seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa
Cerceda, 04 de febreiro de 2025.
A Concelleira da Área de Benestar Social, Igualdade e Comunicación
(por delegación decreto 340/2024 de data 17/04/2024)
Catrina Queijo García
2025/725