Administración Local
Municipal
Trazo
Anuncio de publicación definitiva da modificación da ordenanza reguladora da taxa pola recollida do lixo
Expediente: 2024/G016/000001
ACORDO PLENARIO
En sesión plenaria celebrada o 6 de febreiro de 2025, aprobouse definitivamente a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de lixo, tras a aprobación provisional do 14 de novembro de 2024 e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 222, de data 18 de novembro de 2024. Logo de atender as alegacións presentadas, procede a adopción do seguinte acordo:
Asunto: Modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola Recollida de Lixo.
Tendo en conta a resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, datada o 22 de xullo de 2024, que establece o canon unitario por tratamento de residuos domésticos a aplicar por Sogama;
E considerando o informe económico elaborado pola Intervención sobre os gastos e ingresos asociados á recollida de lixo, cúmprese co seguinte acordo:
1º.- Aprobar definitivamente a modificación do artigo 5 da Ordenanza Fiscal da Taxa pola Recollida de Lixo, aprobada o 29 de decembro de 2011, que quedará redactada do seguinte xeito:
“Artigo 5.- Cota Tributaria
A cota tributaria determinarase segundo a seguinte tarifa:
1. Vivendas: 95 €/ano por cada vivenda emprazada en calquera núcleo do termo municipal.
2. Hostalería, alimentación, industrias, comercios e servizos: 140 €/ano.
3. Explotacións agrícolas e gandeiras: 150 €/ano.”
2º.- Publicar o texto correspondente á modificación no taboleiro de edictos do Concello, para a súa adecuada difusión.
Trazo, a 6 de febreiro de 2025.
A Alcaldesa,
Josefina Suárez López
2025/823