Administración Local
Municipal
Mazaricos
Aprobación definitiva da modificación do artigo 14 da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
ANUNCIO
Logo de instruír polos servizos competentes desta Entidade expediente de modificación do artigo 14 da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens, o Pleno desta Entidade, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de maio de 2026, acordou a aprobación provisional da referida modificación da ordenanza fiscal.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o acordo de aprobación provisional foi publicado no BOP da Coruña núm. 96, de 25.05.2026, concedendo un prazo de trinta días para que os interesados puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.
Durante o devandito prazo non se presentou ningunha reclamación ou alegación polo que, conforme ao previsto, resulta definitivamente aprobado o acordo ata entón inicial sen necesidade de novo acordo plenario.
Contra o presente acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Para xeral coñecemento publícase o texto aprobado definitivamente:
“Modificación do artigo 14 da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre bens inmobles
Artigo 14.º .-Bonificacións.
1. Gozarán dunha bonificación do 50 por cento na cota íntegra do imposto, sempre que así o soliciten os interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e que non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel no que comecen as obras ata o posterior ó remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos. A solicitude de bonificación débese formular antes do comezo das obras, entendendo por tal o momento de outorgamento da licenza, por parte da Administración municipal.
Para gozar da devandita bonificación os interesados deberán presentar a documentación seguinte:
a) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, mediante a presentación dos estatutos da sociedade.
b) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado, mediante certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance presentado ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria, para os efectos do imposto sobre sociedades.
c) Copia da solicitude de licenza de obra, se non se presenta simultaneamente.
d) Copia do documento de alta na actividade económica de construción ou promoción inmobiliaria no imposto sobre actividades económicas.
e) Certificación do técnico-director das obras de construción, visado polo colexio oficial competente, no que se indique a data de inicio das obras.
2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, gozarán dunha bonificación do 50 por cento durante o prazo de tres períodos impositivos, contados desde o período seguinte ao do outorgamento da cualificación definitiva.
Esta bonificación terá que ser solicitada polo interesado en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración daquela e producirá efectos desde o período seguinte ó da solicitude. Ó longo dos períodos carto e quinto seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva, as vivendas de protección oficial gozarán dunha bonificación do 25% na cota íntegra do imposto, sempre que se manteña a titularidade do inmoble e este constitúa a residencia do titular.
Esta bonificación deberá solicitarse en calquera momento anterior á terminación dos cinco períodos, producindo efectos, en todo caso, desde o período seguinte ó da solicitude. Os solicitantes presentarán a cédula de cualificación definitiva como vivenda de protección oficial do inmoble, a documentación acreditativa da titularidade do devandito inmoble, copia que acredite a presentación do modelo 901 de alteración de titularidade catastral, e facilitarase, en todo caso, a referencia catastral do inmoble.
Non haberá dereito a bonificación a partir do sexto exercicio, inclusive, desde o de outorgamento da cualificación definitiva.
3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estea empadroado, coas seguintes características:
|
Categoría de familia numerosa |
Valor catastral de hasta 60.000 euros |
Valor catastral entre 60.000 y 120.000 euros |
Valor catastral entre 120.001 y 240.000 euros |
|
Xeral |
40% |
30% |
20% |
|
Especial |
50% |
40% |
30% |
Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible que o interesado a solicite, debendo acreditar:
a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude.
b) A condición de categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.
c) Para gozar desta bonificación deberá presentar, anualmente, unha copia compulsada do título de familia numerosa.
Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular. Con carácter xeral, o efecto da concesión da bonificación comezará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non terá carácter retroactivo.
4. Terán dereito a unha bonificación do 95 por cento da cota íntegra e, no seu caso, do recargo provincial, os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre o réxime fiscal das cooperativas. Os solicitantes presentarán o certificado sobre a condición de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra, emitido pola administración correspondente.
5. Terán dereito a unha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que se desenvolvan actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración. A bonificación terá carácter rogado e producirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da presentación da solicitude, sen carácter retroactivo. Para poder gozar desta bonificación, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
a) Presentación do REGA (REXISTRO DE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS E AGRARIAS)
b) Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
c) Certificado de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.
O concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.
A declaración de especial interese ou de utilidade municipal precisa para a aplicación desta bonificación corresponderá ao Pleno da Corporación local, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
6. Terán dereito a unha bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que se desenvolvan actividades comerciais, que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración. A bonificación terá carácter rogado e producirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da presentación da solicitude, sen carácter retroactivo. Para poder gozar desta bonificación, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria no que conste a situación censual do solicitante.
b) Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
c) Certificado de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.
O concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.
A declaración de especial interese ou de utilidade municipal precisa para a aplicación desta bonificación corresponderá ao Pleno da Corporación local, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
7. Terán dereito a unha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles rústicos e urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais que xustifiquen tal declaración. A bonificación terá carácter rogado e producirá efectos a partir do período impositivo seguinte ao da presentación da solicitude, sen carácter retroactivo. Para poder gozar desta bonificación, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria no que conste a situación censual do solicitante.
b) Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
c) Certificado de non ter débedas coa Facenda estatal, autonómica e local; nin coa Seguridade Social.
O concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.
A declaración de especial interese ou de utilidade municipal precisa para a aplicación desta bonificación corresponderá ao Pleno da Corporación local, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
8. As bonificacións recollidas nos apartados 2 parágrafo 2.º e 3 deste artigo serán compatibles, sen que, en ningún caso, poidan exceder do 60% da cota íntegra de forma acumulativa. A bonificación do apartado 1 deste artigo non será compatible con ningunha outra, salvo precepto legal que dispoña a compatibilidade.”
Mazaricos, 13 de xullo de 2026
O Alcalde,
Juan José Blanco Riveiro
2026/4709