Xoves, 20 de agosto de 2026 · Jueves, 20 de agosto de 2026 · Número 158
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

ATENCIÓN: Esta páxina é unha tradución automática Traducción automática
Gallego - Castellano
2026_0000005447

Administración Local

Municipal

Santiago de Compostela

Urbanismo. Sección de Planeamento e Xestión

Anuncio de exposición pública dos cambios introducidos na modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1). Regulación de usos. Expte. núm. 2024/27192Y

Con data 16 de xuño de 2025 a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente a Modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (Regulación de usos), elaborada polo Servizo Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística.

A modificación tramítase polo procedemento simplificado regulado no artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (LRRR).

Como resultado das alegacións formuladas no trámite de participación pública, elaborouse un documento reformado de aprobación provisional no que se introducen varios cambios respecto do aprobado inicialmente o 16 de xuño de 2025.

Nova exposición pública

A Xunta de Goberno Local en sesión do 30 de xullo de 2026 acordou abrir un novo trámite de información pública sobre as modificacións propostas antes de adoptar o acordo de aprobación provisional.

Durante o prazo DUN (1) MES -contado a partires da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia e nun xornal dos de maior difusión na provincia- calquera persoa poderá formular alegacións sobre o contido das modificacións propostas.

Consulta da documentación

A documentación sometida a exposición pública pode consultarse no seguinte enderezo da páxina web do Concello de Santiago de Compostela: https://tinyurl.com/4dh6zj4b

Tamén se poderá consultar de forma presencial no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (sito na rúa das Casas Reais núm. 8, 2º andar), de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

Presentación de alegacións

As persoas que desexen formular alegacións sobre os cambios introducidos dispoñen dun prazo de DUN (1) MES, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte ao disposto no artigo 30.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.

As alegacións deberán formularse por escrito, a través de calquera dos medios relacionados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común, e indicando no escrito o seguinte número de identificación do procedemento: 2024/27192Y.

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, no apartado “Catálogo de trámites” a través do trámite “Presentación de documentación e alegacións” e da opción “Achega libre”. Deberase introducir o dato 2024/27192Y no campo “Referencia” e incorporar o documento das alegacións.

As persoas xurídicas, así como as persoas físicas que as representen, só poderán presentar a súa alegación por medios electrónicos.

 

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026

O concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica

(P.D. DEC/2023/8135 do 17 de xuño de 2023)

Asdo.: Iago Lestegás Tizón

2026/5447

 

©2009 Deputación da Coruña