A oficina virtual do BOP conta cun sistema específico para a tramitación de anuncios no BOP, un xestor de anuncios que permitirá a través da internet, a xestión integral dos anuncios dende o momento no que se redactan ata que se publican.


Dende a oficina virtual do BOP situada no enderezo www.dacoruna.gal, poderase acceder á Zona de Anunciantes.

Para poder empregar a Zona de Anunciantes será necesario que a través do apartado Xestión de usuarios e permisos se solicite a alta de forma telemática.

Unha vez rexistrados, os usuarios poderán acceder á Zona de Anunciantes, dende onde procederán á inserción de anuncios e seguimento da tramitación.

Á Zona de Anunciantes poderase acceder a través do uso dun certificado dixital. Os usuarios das Entidades Locais da provincia da Coruña, se non son asinantes, tamén poderán acceder con usuario e contrasinal.

Os usuarios autorizados para acceder ao xestor de anuncios poderán ter os seguintes perfís: CONSULTOR, TRAMITADOR E ASINANTE. En función do perfil de usuario asignado, poderán realizar aquelas accións que teñan predeterminadas.

- CONSULTOR: Este perfil de usuario outorga permisos para consultar os anuncios dunha ou varias entidades anunciantes.

- TRAMITADOR: Este perfil de usuario outorga permisos para incorporar anuncios no sistema. Asociarase a unha soa entidade anunciante, e dentro desta poderase asociar a un ou varios departamentos. Un usuario con este perfil terá acceso só aos anuncios incorporados por el mesmo.

- ASINANTE: Este perfil de usuario outorga permisos para ordenar a inserción de anuncios dunha ou varias entidades anunciantes. A autenticación no sistema para usuarios con este perfil realizarase mediante certificación dixital.

Os usuarios poderán: incorporar anuncios (tramitador), editar anuncios (tramitador), consultar anuncios (consultor, tramitador e firmante), firmar anuncios (firmante), imprimir xustificante (tramitador) e dar de baixa anuncios (tramitador).

Para facelo empregaranse as diferentes opcións do menú: novo anuncio, anuncios en elaboración, anuncios pendentes de publicar, anuncios pendentes de firma, anuncios dados de baixa, anuncios publicados e buscar anuncios.

Unha ENTIDADE ANUNCIANTE virá definida polo que denominamos ESTRUTURA DO ANUNCIANTE:

  1. Denominación da Administración: título formal da Administración pública ou da Administración de Xustiza.
  2. Organismo: organismo ou unidade administrativa dependente da Administración anterior.
  3. Unidade administrativa / Departamento: unidade administrativa / Departamento dependente do organismo anterior ou da Administración.

Podemos definir a nosa entidade anunciante ata o nivel que consideremos necesario para a tramitación dos anuncios, optando por:

  1. Definila só cun nivel de detalle, é dicir, coa denominación da Administración (Ex.: Concello de ...; Xunta de Galicia; Ministerio de ...).
  2. Definila con máis nivel de detalle, co que ser necesario cubrir a denominación do organismo (Ex.: Consellería de ...; Dirección Xeral ...). No momento de definir este segundo nivel, podemos indicar dentro del varios niveis de detalle (Ex.: Nivel 2.1: Consellería de ... Nivel 2.2: Servizo de ...).

Unha vez que foi definida a nosa entidade anunciante coa denominación da Administración ou coa denominación da administración máis o organismo, sempre podemos especificar para a nosa entidade anunciante as unidades administrativas ou departamentos que queiramos (Ex.: unidade de ...).

Esta "Estrutura do anunciante" incluirase tanto no encabezamento do anuncio como no sumario do Boletín Oficial da Provincia.

Os usuarios non habituais poden usar o apartado Alta de anuncios para anunciantes/usuarios non rexistrados (limitado ao envío de 4 anuncios/ano).