www.dacoruna.gal Castellano
Gallego

  |  

Domingo, 07 de marzo de 2021

BOP

BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Inicio - Preguntas frecuentes
Ayuda Anunciantes Buscar Último BOP Inicio
  • Non podo ver o xustificante electrónico, que teño que facer?

    Revise a configuración do seu navegador e elimine o bloqueo de fiestras emerxentes.

  • Como podo darme de alta na ZONA DE ANUNCIANTES?

    Para rexistrarse como anunciante deberá solicitar a alta no sistema a través do formulario que atoparán no apartado NORMATIVA. No momento en que se lle comunique que a súa solicitude foi aceptada, xa poderá facer uso da aplicación para poder enviar anuncios ao BOP. Para coñecer o funcionamento do sistema, visite o apartado de CÓMO PUBLICAR.

  • Como podo gardar un documento LOTUS WORDPRO nun formato válido para incorporar ao eBOP?

    Utilizando a opción "gardar como" e seleccionando o tipo de arquivo Formato de texto enriquecido (*.RTF).

  • Quen pode rexistrarse como subscritor no BOP?

    Calquera persoa que desexe recibir avisos de publicación de anuncios dun ou varios anunciantes. A subscrición é gratuíta pero require dun proceso de alta no apartado SUBSCRICIÓNS AO BOP.

  • Como podo rexistrarme como subscritor?

    Para rexistrarse como subscritor deberá acceder a través do apartado SUBSCRICIÓNS AO BOP. Na pantalla de rexistro introducirase o enderezo de correo e o sistema enviaralle un contrasinal e un enlace a unha páxina onde poderá finalizar o proceso de subscrición. Posteriormente, poderá acceder ao sistema para seleccionar ou dar de baixa os anunciantes aos que desexe subscribirse.

  • Quen pode rexistrarse como anunciante no BOP?

    Poderán rexistrarse como anunciantes no BOP aquelas persoas ou órganos que pretendan publicar no BOP; para iso deberán solicitar a alta no sistema a través do formulario que atoparán no apartado NORMATIVA.

  • Quen poderá enviar anuncios?

    Poderá enviar anuncios ao BOP calquera das persoas habilitadas para iso polo organismo anunciante, utilizando o formulario de alta que atoparán no apartado NORMATIVA.

  • Como se pode modificar a lista de persoas facultadas para tramitar/consulta/asinar anuncios no BOP?

    Sempre utilizando o formulario que atoparán no apartado NORMATIVA e contactando coa Administración do BOP (apartado CONTACTO).

  • Como podo anular/dar de baixa un anuncio que aínda non foi publicado?

    Se o anuncio aínda non foi entregado no Rexistro da Deputación (presencial/telemático) poderá dar a baixa o mesmo tramitador. En caso contrario, a baixa ha de ser solicitada á Administración do BOP.

  • É oficial e auténtico o BOP en internet?

    Si, a edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia publicada na sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña, a partir do 22 de xuño de 2009, ten carácter de oficial e auténtica, derivándose dela os efectos dispostos no título preliminar do Código civil e nas restantes normas aplicables. Con anterioridade a esta data, só tiña a consideración de oficial e auténtica a edición do BOP impresa en papel.

  • Como e desde cando se garante a autenticidade do BOP electrónico?

    Para garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do BOP, a edición electrónica publicada incorpora sinatura dixital avanzada. Desde o 22 de xuño de 2009.

  • Como podo utilizar a sinatura dixital?

    Para poder utilizar toda a funcionalidade que ofrece a aplicación a través da sinatura dixital (sinatura de anuncios), é necesario dispor dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ou do DNI electrónico. Para obter información da forma de obtención, usos e instalación pode visitar: http://www.dnielectronico.es/ e http://www.cert.fnmt.es/ .

  • Como validar a sinatura dixital do BOP en formato electrónico?

    Para a validación da sinatura dixital requírese o Acrobat Reader. A versión 7.0 do Acrobat Reader fará a validación automaticamente. Para máis información recoméndase acceder á páxina oficial de Adobe http://www.adobe.com/es/ , introducindo no seu buscador "Validar sinatura".

2020 © Deputación Provincial da Coruña
Accesibilidad Aviso legal Depósito legal