- CÓMPUTO DE PRAZOS.
A efectos do disposto no artigo 17 da ordenanza reguladora do BOP, Prazos de Publicación, os anuncios recibidos a través da Oficina Virtual do Boletín Oficial da Provincia con firma electrónica, asentados no rexistro telemático, axustaranse ao seguinte criterio:
- Horario de verán (do 1 de Xuño ao 30 de Setembro). Desde as 24h ata as 13.30h de luns a venres, a data de efectos será a data efectiva de rexistro. En sábados, domingos e festivos, así como desde as 13.30.01 ata as 24h, a data de efectos será a do primeiro día hábil seguinte. No asentamento de entrada inscribiranse como data e hora de presentación aquelas en que se produciu efectivamente a transmisión.